XORNADA DE CONVIVENCIA DAS ASOCIACIÓNS DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ E PASADA DAS CABRAS DE BURELA
Onte domingo día 03 de Agosto de 2014, as Asociacións de Sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela viviron unha xornada de convivencia espectacular. A ruta en sí consistiu nunha camiñata duns 15 km e de dificultade media polos montes de A Cazolga, subindo ata o Alto de Verín para disfrutar das fantásticas vistas que nos ofrece este punto.