Novas

O CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ CONSEGUE UN RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN, CON 21 COMPAÑÍAS

O certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá consegue un récord de participación na súa terceira edición, con 21 compañías presentadas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.

ESTE DOMINGO HABERÁ TEATRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este domingo en Lourenzá tamén haberá teatro a cargo da compañía Os Quinquilláns, que representará a obra titulada A pluma viva de Rosalía. Será ás 16:00 horas no salón de actos do Concello. A actuación, que forma parte das actividades da XXIX edición da Festa da Faba, enmárcase dentro da campaña contra violencia de xénero da Xunta de Galicia e do Goberno Central. Ademais a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Mercedes Dengra, instalará un stand lila na praza do Conde Santo para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas.