Novas

ISA PICOAGA E A SECCIÓN DE CICLISMO TRIUNFAN NOS 101 PEREGRINOS DE PONFERRADA!!!

Outro ano mais un gran pelotón do ED Lourenza Ciclismo participaba en esta xa mitica proba , que reunia a mais de 1500 participantes na modalidade de btt .

Este ano foi o mellor para o noso club , xa que todos poideron acabar a proba sin percances e Isabel Picoaga López lograba quedar na segunda posición na sua categoría, e traer un chascarrillo para casa . Ademáis Javier Legide (Peixe) remataba como 5ª mellor clasificado de veterano!!!

 

I EDICIÓN DA INCREÍBLE TOXIZA CLASSIC EXTREME!!!

Este pasado domingo 3 de maio o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ xunto coa comisión de festas de AS SAN LUCAS organizaron a TOXIZA CLASSIC XTREME; unha espectacular carreira de montaña que conseguiu reunir a 63 atletas, procedentes de localidades moi diversas, na praza da catedral de Mondoñedo dispostos a percorrer os montes máis emblemáticos da zona ( A Toxiza, A Pena da roca e a reserva natural de A Fragavella).

A ALCALDESA XESTIONOU NA DEMARCACIÓN DE CARRETERAS DEL ESTADO EN GALICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA CONEXIÓN ENTRE A ESTRADA PROVINCIAL LU-P-2802 E A N-634 EN ARROXO. TAMÉN SOLICITOU UNHA SOLUCIÓN PARA EVITAR OS DESBORDAMENTOS DO REGO DE RECIMIL

A alcaldesa de Lourenzá, Émma Álvarez Chao, mantivo unha reunión co responsable da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, na que abordaron a construción dunha conexión entre a estrada provincial LU-P-2802 e a Nacional 634 en Arroxo. Tamén falaron da necesidade de adoptar unha solución para evitar os desbordamentos do rego de Recimil a raíz da construción da autovía A-8.