Novas

RETIRARON HOXE UN NIÑO DE AVESPA VELUTINA NO PEDRÓN. ESTABA SITUADO NUN EUCALIPTO A MÁIS DE 20 METROS DE ALTURA

Lourenzá, 22 de agosto de 2014. Operarios da empresa Tragsatec e unha unidade de bombeiros do parque comarcal de Barreiros retiraron hoxe un niño de avespa asiática velutina que estaba situado no Pedrón, concretamente no lugar de Pousada.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, estivo presente durante a operación e, unha vez rematados os traballos, explicou que “este niño estaba a máis de 20 metros de altura nun eucalipto, polo cal se precisou a axuda dos bombeiros”.

AS ESCOLAS TOMAN A VOLTA A PIANTÓN(VEGADEO) CON 5 TRIUNFOS!!!

Resultados Volta a Piantón - Xoves, 14 de Agosto. 2014

E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO. SECCIÓN: ATLETISMO.

 

PITUFOS:

1.- HENAR MÉNDEZ.

4.- EMMA GARCÍA

 

BENXAMÍN FEMININO:

1.- DIANA LASTRA

2.- CARMEN GARCÍA

BENXAMÍN MASCULINO:

1.- NICOLÁS ÁLVAREZ

4.- BRAIS DÍAZ

5.- IAN MÉNDEZ

 

ALEVÍN/INFANTIL FEMININO:

2.- CLAUDIA GRAÑA

ALEVÍN /INFANTIL MASCULINO:

1.- ALEIX DÍAZ

 

CADETE MASCULINO:

1.- AARÓN RIVAS

A FUNDACIÓN PENZOL APOIA A PROPOSTA DO CONCELLO PARA QUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO 2020 SEXA DEDICADO A FRANCISCO FERNÁNEZ DEL RIEGO

Lourenzá, 14 de agosto de 2014. A corporación municipal de Lourenzá celebrou hoxe pleno en substitución da sesión ordinaria que correspondía levar a cabo mañá, venres, pero ao ser día festivo adiantouse a esta xornada por acordo dos tres grupos políticos representados no Concello. No pleno deuse a coñecer que a Fundación Penzol apoia a proposta do Concello laurentino para que o Día das Letras Galegas do ano 2020 sexa dedicado a Francisco Fernández del Riego.