Novas

CURSOS ISSGA 2015

1.- PRL NO MANEXO DE MAQUINARIA AGRÍCOLA: O TRACTOR E OS SEUS APEIROS

2.- PRL NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL: A MOTOSERRA E A ROZADOIRA

3.- PRL EN EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS.

O TORREÓN DE VILANOVA ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES, DÍA 8, UNHA REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE AS CLASES DESTINADAS A MAIORES DE 18 ANOS PARA OBTER O TÍTULO DA ESO NO CURSO 2015-2016

O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, día 8 de setembro, ás 20:30 horas unha reunión para informar sobre as clases que se impartirán para obter o título da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no curso 2015-2016. É unha iniciativa, destinada a maiores de 18 anos de idade, que organiza Espacio Garabatos e na que colabora o Concello de Lourenzá.

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 22 AO 25 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 22 ao 25 deste mes de setembro. Anúnciao a alcaldesa, Rocío López García, a través dun bando.

O horario habitual de atención será de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas. Para solicitar cita previa pode facerse a través do teléfono 902.30.90.00 ou na páxina web www.sycitv.com.