Novas

O CONCELLO MELLORARÁ O CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO CUNHA AXUDA DA XUNTA

O Concello de Lourenzá vén de conseguir unha axuda da Xunta de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago. A contía da subvención ascende a 14.855 euros e para a realización destas obras o Concello fai unha achega de 4.952 euros xa que o presuposto total das actuacións ascende a 19.807 euros.

O RECINTO FEIRAL ACOLLE A CAMPAÑA COIDADOS PORTA A PORTA OS DÍAS 13, 16, 18 E 19 DE MAIO.

Lourenzá, 6 de maio de 2022. A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio de 9:00 a 20:00 horas. E o venres 13 ás 17:00 horas haberá unha charla informativa sobre esta iniciativa no salón de actos do Concello.

Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

O CONCELLO ORGANIZA A FESTA DO MAIO PARA O DOMINGO, DÍA 1

O Concello de Lourenzá organiza a Festa do Maio que se celebrará o día 1 do vindeiro mes, domingo. A programación do festexo inclúe o tradicional desfile polas rúas de Vilanova e dous concursos convocados pola Concellería de Cultura: un de decoración de vivendas e comercios e o outro de sombreiros.