Novas

O RESTAURANTE LA UNIÓN CO ANTOXO DO APÓSTOLO GAÑOU O CONCURSO DA RUTA DE TAPAS DA FESTA DA FABA. O SEGUNDO PREMIO É PARA O CAFÉ BAR CANTÓN CON FABAS Á CANTONADA E O TERCEIRO LOGROUNO O BAR AIRIÑOS DO CASTRO CON FABAS DA AVOA

Lourenzá, 4 de outubro de 2013. O restaurante La Unión foi gañador do concurso da ruta de tapas da Festa da Faba de Lourenzá coa denominada Antoxo do Apóstolo. O segundo premio é para o Café Bar Cantón con Fabas á cantonada e o terceiro logrouno o Bar Airiños do Castro con Fabas da avoa. Este foi o fallo do xurado que se reuniu na tarde de hoxe no Centro de Interpretación da Faba para probar as 20 tapas presentadas polos 8 establecementos participantes.

OS ACTOS DA 23ª FESTA DA FABA EMPEZARÁN MAÑÁ, CANDO HABERÁ RUTA DE TAPAS, CANTOS DE TABERNA, INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN DE DAVID CATÁ E A FARRA DA FABA. FALLOUSE O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA, QUE GAÑOU A RIBADENSE BELÉN PÉREZ TEIJO

Lourenzá, 3 de outubro de 2013. Os actos da 23ª edición da Festa da Faba empezarán mañá, venres, xornada na que haberá ruta de tapas en 8 establecementos hostaleiros, cantos de taberna, a inauguración dunha exposición do artista David Catá e a Farra da Faba. Ademais fallouse o concurso de fotografía organizado con motivo do festexo, certame que gañou a ribadense María Belén Pérez Teijo.

TAIMARA SUERO ATERRIZA DE NOVO

Por segunda temporada consecutiva a exinternacional cubana aterriza no equipo de basket de Nacional. TAIMARA SUERO CORONADO (Cuba - 1979); é unha escolta de 1,74 que foi internacional dende os anos 1996 ó 2007 con Cuba, coa que ganou a medalla de ouro dos xogos panamericanos 2003 Santo Domingo, Medalla de bronce dos xogos panamericanos 2007 Rio de Xaneiro, e xogou en Europa en Hungría(2007/08), en Liga-2 no Chajeba04 xa en España e máis recentemente no Arxil de Pontevedra na 2010-2011, e tras xogar en Italia e chegou a finais da temporada pasada a Lourenzá.