O RESTAURANTE LA UNIÓN CO ANTOXO DO APÓSTOLO GAÑOU O CONCURSO DA RUTA DE TAPAS DA FESTA DA FABA. O SEGUNDO PREMIO É PARA O CAFÉ BAR CANTÓN CON FABAS Á CANTONADA E O TERCEIRO LOGROUNO O BAR AIRIÑOS DO CASTRO CON FABAS DA AVOA
Lourenzá, 4 de outubro de 2013. O restaurante La Unión foi gañador do concurso da ruta de tapas da Festa da Faba de Lourenzá coa denominada Antoxo do Apóstolo. O segundo premio é para o Café Bar Cantón con Fabas á cantonada e o terceiro logrouno o Bar Airiños do Castro con Fabas da avoa. Este foi o fallo do xurado que se reuniu na tarde de hoxe no Centro de Interpretación da Faba para probar as 20 tapas presentadas polos 8 establecementos participantes.