O Concello e a Asociación de Comerciantes organizan un certame de narración e debuxo sobre Lourenzá para alumnos de primaria e secundaria da Mariña. A idea xurdiu do propietario da Pastelería Cabaleiros que ademais é o patrocinador
Lourenzá, 5 de abril de 2013. O Concello e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (Acial) co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario é Isidro Rodríguez Loredo, convocan a primeira edición dun certame de narración e debuxo denominado “Lourenzá, arte e historia no camiño”.