A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UNHA ESCOLA DE VERÁN. DURANTE XULLO E AGOSTO DESENVOLVERASE O CAMPAMENTO SÚPER CHEF, PARA NEN@S DE 3 A 12 ANOS
O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.