O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLE O LUNS 18 UNHA CHARLA SOBRE OS PROGRAMAS PARA A MOCIDADE DE GALICIA
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre os programas para a mocidade de Galicia. Será este vindeiro luns, día 18, ás once da mañá.
Neste acto informativo falarase de asuntos como as axudas de ata 5.000 euros para proxectos xuvenís e das prácticas laborais na Unión Europea.