Novas

ANUNCIO SOBRE O REGULAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA "MENIÑOS"

Elaborado o texto da modificación do REGULAMENTO PUNTO ATENCIÓN INFANCIA "MENIÑOS" de LOURENZÁ, publícase no portal web deste Concello, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades durante o prazo de trinta días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

AS TERCEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CELÉBRANSE MAÑÁ E O SÁBADO NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

A terceira edición das xornadas de historia local organizadas polo Concello de Lourenzá celebraranse mañá, venres, e o sábado no salón de actos municipal.

Mañá ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.