Novas

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE APLICADOR DE FITOSANITARIOS GRATUÍTO PARA OBTER O CARNÉ CUALIFICADO

O Concello de Lourenzá organiza un curso de aplicador de produtos fitosanitarios gratuíto, de 35 horas, para obter o carné cualificado. Os participantes deben ter o carné básico e ser agricultores en activo. Esta actividade formativa está subvencionada pola Consellería do Medio Rural.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “anteriormente neste concello xa organizamos máis cursos desta materia, nos que formaron máis de 100 persoas, pero a novidade deste é que é de nivel cualificado”.

A ALCADESA INAUGUROU O CURSO DE CESTERÍA DE RECICLAXE PARA ADULTOS, NO QUE HAI 11 PARTICIPANTES

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, inaugurou o curso de cestería de reciclaxe para adultos, que empezou onte con 11 participantes.

A rexedora explicou que “terá lugar todos os luns de catro a sete e media da tarde na Casa da Xuventude e prolongaranse ata o 19 de decembro. Nesta primeira clase os asistentes comezaron por aprender as técnicas básicas para elaborar un cesto a partires de follas de periódico e revistas. É incrible ver como dun simple periódico pode saír un cesto para a roupa ou incluso un lapiseiro”.