AUTORES DESCOÑECIDOS CAUSARON NA PASADA NOITE NUMEROSOS DANOS EN INMOBLES E VEHÍCULOS MUNICIPAIS E NO CENTRO DE SAÚDE

Lourenzá, 29 de xuño de 2016. Autores descoñecidos causaron durante a pasada noite numerosos danos en inmobles e vehículos municipais e no centro de saúde de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, que denunciou os feitos hoxe no cuartel da Garda Civil de Mondoñedo, pide máis presenza policial no concello e tamén colaboración veciñal para intentar saber quen é o autor ou autores destes feitos. Os danos causados nos edificios ascenden a 5.500 euros e faltan por valorar os estragos ocasionados nos vehículos.

A rexedora municipal explicou “estragaron os cristais das ventás e das portas do centro de saúde, tanto as da parte de diante como as de detrás. Tamén romperon as ventás dun dos baños da piscina municipal. E no recinto feiral, en dúas naves que temos para carpintería, estragaron 48 cristais; ademais romperon todas as ventás da nave de formación, que está anexa a un local que ten a empresa concesionaria do servizo de auga municipal, Espina y Delfín, onde resultaron rotos todos os cristais. E ademais nun cobertizo que está xunto ás naves de carpintería causaron danos nos vehículos municipais que están alí aparcados: romperon todos os cristais dun camión elevador e ademais estragaron os cristais, os espellos, os limpaparabrisas e os faros dos vehículos de Protección Civil e das Escolas Deportivas”.

A alcaldesa considera que “son actos vandálicos que se repiten, pois hai uns días que ocorreron outros similares na depuradora e na Aula da Natureza. O procedemento é basicamente o mesmo, posto que o autor ou autores dos feitos utilizan un obxecto metálico co que rompen todo. E en tódolos casos causan os danos en bens municipais”.

Rocío López rematou comentando que “os prexudicados finalmente son todos os veciños do concello, porque os danos foron causados en instalacións e vehículos municipais. Estes feitos non poden quedar impunes e ademais non queremos que se volvan repetir, polo que poñeremos todos os medios para intentar evitalo. E pido colaboración veciñal para que se alguén viu algo sospeitoso que poida axudar a identificar ao autor ou autores que o comunique canto antes”. 