DISCURSO PRONUNCIADO POLA ALCALDESA DE LOURENZÁ, ROCÍO LÓPEZ, DURANTE O ACTO DE INAUGURACIÓN DA XXVI FESTA DA FABA

XXVI FESTA DA FABA

Bos días a todos e a todas…..

Benvida Presidente, Deputados proviciais, alcaldes e alcaldesas, concelleiros…e demais autoridades.....e sobre todo veciños e veciñas de Lourenzá.

Quero comezar dando as gracias ao señor presidente da Deputación de Lugo, pola colaboración e a chega económica que tivemos este ano para a realización desta festa.

Reunimonos hoxe aquí co gallo da celebración da 26 edición Festa da Faba de Lourenzá. Rendimos homenaxe ao nóso producto estrela, á nósa leguminosa, a esa xoia de sabor e textura incomparables, que fan que a faba de Lourenzá sexa única e recoñecida en todo o mundo.

A Festa da Faba naceu en 1990 froito dunha iniciativa do Concello de Lourenzá para promocionar o consumo da leguminosa e incrementar o seu prezo. Esta Festa foi declarada Festa de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia. Este recoñecemento contribuíu a que sexa recoñecida non só a nivel galego senón tamén nacional e incluso internacional, convertindoa nunha cita gastronómica ineludible.

Permitideme antes de comezar ter tamén unhas palabras de agradecemento para a nósa pregoeira Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Isabel.....quero darche as gracias por aceptar a nósa invitación de ser a pregoeira deste ano. O día que decidimos encomendarche esta tarefa estaba segura de que non me equivocaba, de que ibas a deixar a Lourenzá y a nósa faba moi polo alto….e así foi….

Fai hoxe un ano, cando organizamos a nósa primeira festa da Faba, tiñamos claro que un dos nosos obxectivos era darlle un xiro e un cambio aos contidos e as actividades que alberga esta festa.....co obxectivo de que a xente que ven ano tras ano a Lourenzá se atope con algunha que outra novidade, e non caiga sempre na mesma monotonía....y saíse daki cunha imaxe renovadora e innovadora da festa.

Afondando neste senso, na programación deste ano introducimos unhas cantas novidades:

  • Este ano contamos coa presenza dun stand do concello de Taramundi como concello invitado nesta 26 edición…. Temos aquí a Cesar Villabrille, alcalde deste concello asturiano….gracias Cesar por asistir a este acto…Esta iniciativa xorde da idea de achegar a cultura, o turismo, a tradición e a gastronomía deste concello a Lourenzá…Taramundi foi o concello pioneiro do turismo rural en España é constituiu un referente para outros concellos en España.....que seguiron este exemplo de Taramundi..... A nosa idea é que cada ano asista un concello novo que nos aporte cousas súas para coñecelas e das que poder aprender.

  • Feira de Exposición Craega (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia)....a cuio presidente temos hoxe a honra de ter aquí, gracias presidente por asistir. Quero dar as gracias tamén a More Santiago, porque foi ella quen me deu a conocer esta iniciativa, que dende un primeiro momento me pareceu interesante e idónea para traer a Lourenzá, More.....un placer traballar contigo......Esta feira de productos ecolóxicos podedes visitala na Praza Cesar Chevarría, abrindo paso a entrada do Mosteiro. Tendo en conta que Lourenzá é un concello moi vinculado coa agricultura, que mellor que esta feira para promocionar y dar a conocer os distintos productos ecolóxicos que existen e animar á xente a probalos.

  • Outra das novidades.....FEIRA MULTISECTORIAL, FEIRA DE EXPOSICIÓN DE AUTOMOCIÓN E DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ubicada no Campo dos Bolos y que está organizada pola Acial (Asociación de Comerciantes e Autónomos de Lourenzá) e que conta coa presencia de distintos negocios da vila.

  • Un ano máis.....e continuando coa iniciativa impulsada por Fran Rivas Dasilva, contamos coa “VESPAFABA”...unha concentración de Vespas hoxe y de vehículos clásicos mañán que se ubica ó longo de toda a Travesía da Mariña...y eu me pregunto quen non coñece a VespaFaba de Lourenzá.....Fran maravilloso traballo o que estás a facer con toda publicidade e con todo o movemento que lle estás a dar a faba e a Lourenzá en toda-las redes sociais e en todos as concentracións as que asistes.

  • Os que pasedes a visitar o claustro do Mosteiro de San Salvador vos atoparedes con outra das novidades principais desta edición.....Este ano buscamos que este espazo, sexa un espazo vivo....un espazo onde os artesáns que se dan cita, estean mostrando ós visitantes os traballos que realizan e fagan demostracións ao longo de toda xornada.

Finalmente, e xa case para rematar.....vos preguntaredes.......... porque este ano, as CASETAS DOS FABEIROS......

Están ubicadas de xeito distinto......pois ben.....esta disposición ó longo de toda a Praza do Conde Santo e tendo de fondo a magnífica fachada do Mosteiro de San Salvador e da Igrexa de Santa María de Valdeflores foi pensada para exaltar o conxunto máis bonito e fermoso que temos aquí en Lourenzá.....para que todo-los visitantes que acuden a esta cita gastronómica se leven esta fermosa estampa.

Vou xa remantando......non sin antes dar as gracias a todo o personal municipal, que traballou ó longo destos días nos preparativos e que está a traballar durante toda esta fin de semana para que todo saia según o previsto. Gracias tamén a Miguel e a María José...Gracias tamén a todo-los voluntarios de protección civil que están velando pola nósa seguridade....Para todos eles a miña noraboa polo brillante traballo que están levando a cabo, porque sin eles nada disto sería posible.

Gracias tamén a todos os que colaboraron: Acial, As.Osorio Gutiérrez de Lourenzá, VespaFaba, Escolas Deportivas....e tamén a os rapaces e rapazas da Asociación Conde Santo que organizaron a Festa do San Marcial que se celebra coincidindo con esta Festa da Faba. RAPACES....animovos a que sigades facendo cousas polo pueblo igual que fixestes ata o de agora…sodes rapaces novos con ganas e ilusión…é á vista está o resultado do vóso traballo.

Como alcaldesa de Lourenzá invitovos a todos a asistir a esta cita gastronómica que se celebra aquí no nóso concello e anímovos a participar nas distintas actividades que está programadas para toda esta fin de semana.....e como non a probar as nósas fabas no estand da degustación a partires da unha e media e tamén nos distintos establecementos hostaleiros da vila.

Tanto eu como toda a xente que participo una organización de toda-las actividades ligadas a este evento, puxemos todo o nóso empeño e toda a nósa ilusión para que todo saíse o mellor posible.

Espero e desexo que todo este traballo dése os seus froitos e desfrutedes moito de toda a programación que está preparada para esta edición. …e sobre todo que a XXVI edición da Festa da Faba contribúa dun xeito moi positivo a que cada ano a Faba de Lourenzá se vaia constituindo como un referente, e sexa unha cita gastronómica e cultural das máis importantes non só de Galicia senón tamén doutros lugares de España.

Remato así con estas palabras dando por Inaugurada a XXVI edición da Festa da Faba de Lourenzá.

Moitas gracias a todos pola vosa presencia. 

DISCURSO PRONUNCIADO POLA ALCALDESA DE LOURENZÁ, ROCÍO LÓPEZ, DURANTE O ACTO DE INAUGURACIÓN DA XXVI FESTA DA FABA