GRUPOS DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS PARTICIPARÁN NO VI CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ, QUE COMEZARÁ O 1 DE NOVEMBRO

Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.

O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4 euros. A gala de entrega de premios será o día 21 de decembro ás 20 horas cunha actuación aínda por determinar, neste caso a entrada será de balde”.