HOXE CELEBROUSE DIANTE DA CASA DO CONCELLO UNHA CONCENTRACIÓN A PROL DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES. TAMÉN SE INAUGUROU UNHA EXPOSICIÓN E HOUBO UNHA CHARLA. ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR UNHA COMIDA NO RECINTO FEIRAL

Hoxe, xoves, celebrouse diante da Casa do Concello de Lourenzá unha concentración a prol da igualdade entre homes e mulleres. Tamén se inaugurou unha exposición e houbo unha charla. Este domingo, día 11, ás dúas da tarde terá lugar no recinto feiral unha comida. Todos estes actos desenvólvense para conmemorar o Día da Muller en Lourenzá.

Na concentración, á que asistiron moitos veciños e veciñas, a alcaldesa, Rocío López García, leu un manifesto. Tamén participaron os concelleiros de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; de Medio Ambiente, Miguel Castrillón; e de Cultura, Manuel Arango. Estiveron tamén presentes empregados e empregadas do Concello que apoiaron, xunto co equipo de goberno, o paro de dúas horas en defensa da igualdade entre homes e mulleres.

A rexedora municipal explicou que “ademais tiveron lugar outros actos programados polo Concello para este dia: no Salón de Exposicións inaugurouse a mostra titulada Mulleres, unha obra elaborada polos mestres e mestras do IES María Casares, de Oleiros, e que trata sobre distintas mulleres que tiveron un papel importante en distintas ramas, como a literatura, a ciencia, a música, etcétera. Tamén houbo unha charla sobre Os aspectos xerais na prevención do cancro, que foi impartida por Carmen Rubiños, psicooncóloga da Asociación Española contra o Cancro (AECC). O Concello organiza ademais unha comida para conmemorar o Día Internacional da Muller. Será este domingo, día 11, ás dúas da tarde no recinto feiral”.

 

HOXE CELEBROUSE DIANTE DA CASA DO CONCELLO UNHA CONCENTRACIÓN A PROL DA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES. TAMÉN SE INAUGUROU UNHA EXPOSICIÓN E HOUBO UNHA CHARLA. ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR UNHA COMIDA NO RECINTO FEIRAL