MEDIO CENTENAR DE VECIÑ@S DE LOURENZÁ PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A MUXÍA E ÁS CASCADAS DO ÉZARO ORGANIZADA POLO CONCELLO

Medio centenar de veciños e veciñas de Lourenzá participaron nunha excursión a Muxía e ás cascadas do río Ézaro organizada pola Concellería de Servizos Sociais.

Na viaxe participaron os alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá e outras persoas xubiladas maiores de 65 anos ata completar as prazas dispoñibles. Estiveron acompañados nesta actividade pola alcaldesa, Rocío López, e outros representantes municipais.

A rexedora municipal laurentina explicou que foron recibidos polo alcalde de Muxía, Félix Porto, que “fixo unha presentación dos atractivos turísticos do seu concello. Con esta viaxe seguimos consolidando a boa relación entre Lourenzá e Muxía, que se iniciou na pasada edición da Festa da Faba, cando ese concello da Costa da Morte acudiu como invitado.

Dende o Concello de Lourenzá agradecemos enormemente esta gran acollida. Pásamos unha xornada moi agradable e moi frutífera, na que visitamos, entre outras moitas cousas, a igrexa de Nosa Señora da Barca e as cascadas do Ézaro (Dumbría)”.

MEDIO CENTENAR DE VECIÑ@S DE LOURENZÁ PARTICIPARON NUNHA EXCURSIÓN A MUXÍA E ÁS CASCADAS DO ÉZARO ORGANIZADA POLO CONCELLO