O Concello de Lourenzá anuncia a convocatoria de prazas para o programa de Benestar en balnearios 2017.
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
-Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
-Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
-O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
-Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos agás o da letra a).
-Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.
As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 horas do día de chegada ata as 12:00 horas do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017.
O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se fora o caso.
As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houbera dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda.
A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 17 do vindeiro mes de abril.