O CONCELLO ORGANIZOU UNHA XUNTANZA DE MAIORES, NA QUE PARTICIPARON 250 XUBILAD@S DO MUNICIPIO

O Concello de Lourenzá organizou unha xuntanza de maiores, que se celebrou este pasado domingo e na que participaron 250 xubilad@s do municipio.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que os asistentes “gozaron dun día de ledicia en familia e en compañía de amig@s e coñecidos. Dende o Concello apostamos por recuperar esta xuntanza que levaba xa varios anos sen celebrarse, pois cremos que os nosos maiores o merecen; eles son a voz da experiencia e do saber da vida e que menos que dedicar un día a eles”.

A comida estivo servida polo catering Chao dos Navais e amenizada polo dúo Epo-k. A rexedora municipal e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fixeron entrega dunha figura para a muller e o home mais maiores presentes na xuntanza. Os galardoados foron Maria Castedo Gacio, de 89 anos e natural da parroquia de San Adriano, e Raimundo Rivas Ventoso, de 93 anos e natural da parroquia de San Xurxo.

“Agradecemos a todos a participación nesta xuntanza e esperamos para o ano que vén volver reunirnos todos nun día tan especial. Os asistentes á xuntanza polo xeral compartiron con nós o mesmo sentimento. Foi un día moi gratificante, dixéronnos que disfrutaran moito do día e que o mellor de todo foi que volveron xuntarse con moitos veciñ@s que levaban tempo sen ver. Dende o Concello agradecemos tamén a colaboración de Muebles Huertas e Cabaleiros Xardín, que participaron na decoración do local para a celebración do evento, así como a colaboración do persoal do Concello e membros de Protección Civil”, salientou Rocío López.