O CONCELLO RECUPEROU A SÚA ACTIVIDADE HABITUAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS, DESPOIS DA CELEBRACIÓN DAS FESTAS PATRONAIS. A BIBLIOTECA PERMANACERÁ ABERTA DE 5 A 8 DA TARDE DE LUNS A VENRES

Lourenzá, 5 de setembro de 2014. Lourenzá volveu á normalidade esta semana, despois de celebrar o pasado luns, 1 de setembro, a festividade local do Conde Santo. Dende o Concello recordaron que tanto a Biblioteca Municipal, coma o Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá, están a funcionar con total normalidade dende esta semana e cumprindo cos seus horarios habituais. A Biblioteca permanece aberta en horario de 5 a 8 da tarde de luns a venres, e o PAI leva a cabo a súa actividade educativa en horario continuo dende as 8 da mañá ata as 8 da tarde, tamén de luns a venres.  

Lupe Flórez, concelleira de Educación e Cultura de Lourenzá, subliñou que “dende o Concello queremos informar que unha vez chegado o mes de setembro, e pasado o festexo local do pasado luns, 1 de setembro, volven á rutina as actividades da Biblioteca Municipal e  do Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá. A Biblioteca retoma a súa actividade en horario de 5 a 8 da tarde de luns a venres, e o PAI, volve a abrir tamén despois do seu período de vacacións do mes de agosto. O horario deste centro infantil será o habitual, abríndose as 8 da mañá e pechándose ás 8 da tarde, de maneira ininterrompida. Recordamos que no PAI seguimos a contar co servizo de comida  como víñamos tendo no pasado curso”.

A concelleira quixo “animar a todas aquelas familias que aínda non son usuarias do noso PAI. Gustaríanos que se pasasen a informar polo propio centro ao longo do día, no horario de apertura establecido, para que se lles resulta interesante se fagan usuarios deste Punto de Atención á Infancia de Lourenzá”.