O Concello de Lourenzá informa que todos aquelas persoas interesadas en acudir aos tratamentos termais a través do programa de Termalismo Social subvencionado polo Imserso poden solicitalo a través da traballadora social do Concello. O lugar de presentación de solicitudes é no Centro de Servizos Sociais O Torreón de luns a venres en horario de 9 a 15 horas.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de xaneiro de 2016 para o período entre febreiro e agosto; ata o 11 de maio de 2016 no caso dos meses de setembro a decembro; e ata o 31 de outubro para a inclusión en lista de agarda de prazas.
Este programa vai dirixido a todos os pensionistas de invalidez ou xubilación da Seguridade Social. Para pensións diferentes destas ou pensións de viuvez é imprescindible que o solicitante teña máis de 60 anos.
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, anima a todos os interesados a participar neste programa: “este tipo de actividades contribúen dun xeito positivo á integración das persoas maiores e permiten ofrecerlles alternativas de ocio e tempo libre que melloran a súa calidade de vida”.