Novas

Novas do Concello

O campo a través de Lourenzá derrota ó temporal

Impresionante demostración de coraxe de todos os atletas que participaron hoxe no Campionato Comarcal de campo a través. Hoxe tod@s merecían medalla, e de OURO!!!

Informamos dos nosos fantásticos resultados:

BENXAMÍN FEMININO:

Hiba Bouyzar, Medalla de ouro (Campiona Comarcal)

BENXAMÍN MASCULINO:

Ayoub Khaled, Medalla de prata (Subcampión Comarcal)

O Punto de Atención á Infancia “Meniños” amplía o seu horario e a partir do 1 de febreiro funcionará de 8 a 20 horas ininterrompidamente. No pleno da corporación municipal cambiarase o regulamento para que os nenos poidan xantar no centro

Lourenzá, 18 de xaneiro de 2013. O punto de atención á infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, ampliará o seu horario de funcionamento a partir do 1 de febreiro e estará aberto de oito da mañá a oito da tarde ininterrompidamente. Este servizo está orientado ao coidado asistencial e educativo de nenos/as a partir dos 3 meses de idade, nunhas instalacións especificamente adaptadas para os primeiros anos da infancia.

O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido

O Concello de Lourenzá informa da aparición dun can perdido. Polo aspecto do animal é unha femia de raza Border Collie, que apareceu atrapada preto dunha presa no río Batán, na parroquia de San Xorxe, concretamente entre o lugar de Mazúa e Outeiro.

Foi rescatada por un veciño do lugar, pois do contrario, perecería atrapada sen posibilidade de sobrevivir. De momento está na casa deste home ata que apareza o dono e de non ser localizado o propietario farase cargo do animal o veciño que o rescatou.

Aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Lourenzá, 10 de xaneiro de 2013. No Concello de Lourenzá está aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Segundo a alcaldesa, Emma Álvarez, en caso de non chegar ao mínimo de 20 alumnos esixidos poderían unirse os Concellos de Trabada, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Lourenzá para que ditos cursos se impartan nesta zona, evitando así o desprazamento dos/as alumnos/as a Lugo.

Distribuir contido