Resumo deportivo do Lourenzá en Xogo 2013
RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS
Hora |
Categoría |
Club: |
Result |
Club: |
RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS
Hora |
Categoría |
Club: |
Result |
Club: |
Lourenzá, 2 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá da a coñecer dúas convocatorias de axudas da Xunta de Galicia que se poden solicitar a través da traballadora social municipal.
Unha delas é para a prestación económica de pagamento único por fillas ou fillos menores de tres anos, cunha contía de 360 euros. O prazo para solicitala remata o día 11 de maio deste ano.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e traballadoras do Concello participaron nunha concentración e gardaron un minuto de silencio este mediodía en repulsa da violencia sexista, que se levou por diante a semana pasada unha nova vítima na nosa provincia, concretamente en Lugo capital. “Coa morte de cada muller a mans da súa parella a sociedade revive esta lacra social que non é máis que unha tráxica realidade levada adiante por uns covardes por medo ás decisións e aos ideais dos demais”, manifestou Emma Álvarez.
Lourenzá, 30 de marzo de 2013. O Concello de Lourenzá presentou hoxe a 17ª edición do concurso fotográfico Festa da Faba, que inclúe varias novidades respecto a anos anteriores e un premio de 500 euros para a mellor serie de fotos sobre A Mariña.
Lourenzá, 27 de marzo de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá aprobou a solicitude de sete cursos para desempregados e acordou iniciar o expediente para asinar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para o arranxo da avenida de Soutelo, obra na que a Xunta de Galicia investirá 60.500 euros.
Hoxe conclúen en Lourenzá os obradoiros de baile moderno e hip hop que se viñeron celebrando desde o luns no ximnasio municipal organizados polo Concello. Nesta actividade participan unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos repartidos en dous grupos.
Lourenzá, 26 de marzo de 2013. O Concello de Lourenzá, por medio da alcaldesa, Emma Álvarez Chao, asinou un convenio coa parroquia de Santa María de Valdeflores, a través do seu párroco, don Xosé Antonio Miguélez, “para permitir unhas visitas guiadas a todas aquelas persoas que queiran coñecer tanto a igrexa de Santa María, de Vilanova de Lourenzá, como o conxunto histórico do mosteiro de San Salvador, que está situado na mesma parroquia e que cumpre as funcións de templo parroquial.
Lourenzá, 25 de marzo de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, critica ao goberno da Deputación Provincial de Lugo por seguir demorando a firma do convenio co Concello sobre a titularidade da estrada coñecida como Camiño A, que pasa polas parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano.
Un centenar de persoas participaron onte, xoves, na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial e que correu a cargo do subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Miguel Ángel Cela.
Lourenzá, 22 de marzo de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación do libro titulado El pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. Durante o acto a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou a importancia cultural e turística do edificio situado na parroquia de Santo Tomé e agradeceu a colaboración do seu propietario, José Ventoso.