Novas

Novas do Concello

A ALCALDESA CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE A RECUPERACIÓN DO DENOMINADO MERCADO DAS PRAZAS, QUE SE CELEBRABA OS DOMINGOS EN VILANOVA. A XUNTANZA TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO O DÍA 15 DESTE MES

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, convoca unha reunión para informar sobre a recuperación do denominado Mercado das Prazas, que se celebraba os domingos en Vilanova. A xuntanza terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o día 15 deste mes, venres, ás 21 horas.

Éxitos dos atletas das Escolas no debut nunha proba de Duatlon

A pesar de ser o debut das balas nunha proba escolar de duatlon onte domingo en Mondoñedo, responderon os atletas obtendo 4 pódiums e clasificando a todos os competidores para o Cto. Provincial, dominando as carreiras a pé pero sufrindo na proba en bici.

Benxamín Feminino: 3 - Carmen García.

Benxamín Masculino: 2 - Ian Méndez.

Alevín Feminino: 4 - Valeira Álvarez.

Alevín Masculino: 2 - Nicolás Álvarez. 4- Samuel Debasa.

Sheila López, Aarón Millares, Iria Rguez., Ian Méndez, Ainara Rguez., Aleix Díaz, Claudia Graña e Cristian Piñeiro GANAN A VI EDICIÓN DAS POLEAS EN TAPIA onde subiron tamén ó pódium Aroa Glez e Diana Lastra

Triunfo total das Balas do Maderas Barcia Lourenzá nas carreiras de menores na VI carreira das Poleas disputada na localidade asturiana de Tapia o pasado sábado 2 de Abril.

CATEGORÍAS:

PREBENXAMÍN FEMININO: 1- Sheila López.

BENXAMÍN MASCULINO: 1- Aarón Millares.

BENXAMÍN FEMININO: 1.- Iria Rguez. 2.- Aroa Glez.

ALEVÍN MASCULINO: 1.- Ian Méndez.

DOUS CURSOS DE APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO EMPEZAN MAÑÁ CON 60 PARTICIPANTES. ALGUNHAS PERSOAS QUEDARON EN LISTA DE ESPERA PARA OUTRO QUE SE CELEBRARÁ NOS VINDEIROS MESES

Dous cursos de aplicador de produtos fitosanitarios organizados polo Concello de Lourenzá empezan mañá, sábado, día 2. Contan con un total 60 participantes, 30 en cada un, polo que se cubriron todas as prazas que había. Ademais quedaron algunhas persoas en lista de espera para outra actividade formativa dedicada a este mesmo tema que se celebrará en Lourenzá nos vindeiros meses e para o que se seguen recollendo inscricións.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O 5 DE ABRIL UNHA CONFERENCIA SOBRE O ADORNO PREHISTÓRICO E AS XOIAS ÁUREAS NA ANTIGA GALLAECIA E INAUGURARASE UNHA EXPOSICIÓN DE OURIVERÍA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.

CARME ALONSO VENCE NA XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2016. TRIUNFOS DE HENAR E XABI, PRATAS PARA IRIA, AINARA E IAN NA II CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARIN

CARME ALONSO VENCE NA XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2016

O pasado venres desprazábanse varias balas das Escolas á carreira popular con motivo da feira do viño de Quiroga. Vencía na Categoría Infantil Feminino CARME ALONSO. Ademáis participaron Xabi Sordo, Marcos Graña, Cecilia Gómez, Claudia Graña e Marta Alonso.

 

A ENTRADA DA CASA DO CONCELLO ACOLLEU UNHA CONCENTRACIÓN DE CONDENA DOS ATENTADOS DE BRUXELAS

Autoridades municipais, persoal do Concello e outros veciños de Lourenzá participaron nunha concentración para condenar os atentados terroristas de Bruxelas celebrada na entrada da casa consistorial.

Durante o acto os asistentes gardaron un minuto de silencio como mostra de solidariedade do pobo laurentino co belga. Ademais dende a mañá de onte as bandeiras da Casa do Concello ondean a media asta en memoria das vítimas dos atentados.

Henar Méndez e Ana Vallines ganan a XXVI CARREIRA DE SAN XOSÉ en As Pontes mentres Ian acada o bronce

Os atletas das escolas do Maderas Barcia seguen colleitando grandes resultados aló onde se desprazan. Onte domingo en As Pontes Henar Méndez e Ana Vallines adxudicábanse o título nas categorías benxamín e infantil, respectivamente.

Henar gañaba en benxamín con un tempo de 2 minutos un percorrido de 600 metros, mentres Ana percorría como campiona na infantil 1,200 en 4 minutos e 32 segundos.

Distribuir contido