Novas

Novas do Concello

Toxiza Clube de Montaña (Maraton New York)

Certo é que as cidadades non son habitat natural do TCM, pero ta claro que nas grandes urbes tamen hai espazo para os grandes retos, cambiamos as altas cumbres polas ruas entre os grandes edificios, conquistamos a cidade dos rañaceos. Miguel Mendez representou este pasado domingo o Toxiza no maratón de Nova York donde participan por sorteo máis de 50.000 persoas

O CENTRO DE DÍA PARA MAIORES CELEBROU QUE A VECIÑA DA CAZOLGA ROSA IRIMIA LOSADA CUMPRIU 87 ANOS. NO ACTO PARTICIPON A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS

O centro de día para maiores de Lourenzá celebrou que a veciña da Cazolga Rosa Irimia Losada cumpriu 87 anos. No acto, que contou coa presenza da alcaldesa, Rocío López, e da concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, participaron familiares da homenaxeada e os demais maiores que asisten ao centro de día.

Ainara e Iria Rguez. imponen a súa lei na Popular do Corgo mentres Hiba Bouyzar triunfa en Xove.!!! Un Maderas Barcia OMNIPRESENTE!!!

Omnipresentes estiveron os atletas do Maderas Barcia Lourenzá durante o fin de semana, a pesar de aprazarse a proba dos "12 puentes de Vegadeo".

Na Popular do Corgo; na categoría Infantil Feminino unha espectacular Ainara Rguez. sumaba unha victoria máis na temporada con un tempo de 6,38. Claudia Graña alcanzaba o posto 9º nesta categoría.

A ALCALDESA PROPUXO AOS RESPONSABLES DA XUNTA A INSTALACIÓN NO MUNICIPIO DAS PRIMEIRAS PISTAS DE ATLETISMO HOMOLOGADAS DA MARIÑA. FOI DURANTE A VISITA ÁS OBRAS DO NOVO SOLADO DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, propuxo a instalación no municipio das primeiras pistas de atletismo homologadas da Mariña aos responsables da Xunta de Galicia que hoxe visitaron as obras do novo solado do polideportivo municipal. Foron concretamente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a delegada territorial na provincia de Lugo, Raquel Arias; e o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero, que estiveron acompañados pola rexedora municipal e polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.

Presentación Oficial do equipo Junior Terras da Mariña

O pasado domingo presentouse oficialmente o equipo junior das Escolas estreando novo patrocinio, Terras da Mariña Cooperativa Galega. No acto de presentación estivo o equipo ó completo coas adestradoras Laura Fdez. e Ainhoa Vega, xunto cos presidentes das dúas entidades vinculadas Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá) e Ramiro Chao(Presidente da A. Deportiva Salto do Coro)

CAMBIOS REALIZADOS POR PARTE DO EQUIPO MORAN GRUPO LOURENZÁ DE 1ª FEMININA

Xornada Nº 2 - Cambio de Orden

Domingo 18/Outubro - 18:30h. Lourenza

Moran Grupo Lourenza - Ascensores Tresa

 

Xornada Nº 4 - Cambio de Orden

Domingo 1/Novembro - 18:30h. Lourenza

Moran Grupo Lourenza - Unami CP

 

Xornada Nº 15 - Cambio de Orden

Sábado 6/Febreiro - 19:15h. Perchera

Ascensores Tresa - Moran Grupo Lourenza

 

Xornada Nº 17 - Cambio de Orden

Sábado 20/Febreiro - 20h. P. Emperador Teodosio

Unami CP - Moran Grupo Lourenza

Distribuir contido