Novas
O CONCELLO LEVA A PELÍCULA O QUE ARDE A TODAS AS PARROQUIAS DO MUNICIPIO
Lourenzá, 7 de decembro de 2020. Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme O que arde, de Óliver Laxe.
O CONCELLO CONCEDERÁ SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO PARA ORGANIZAR ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O 2021
Na última Xunta de Goberno do Concello de Lourenzá aprobáronse as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións do municipio destinadas á realización de actividades culturais durante o ano 2021.
O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS E A PREMIADA EMPREGARASE COMO FELICITACIÓN MUNICIPAL
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”.
O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.
A PRAZA DO CONDE SANTO ACOLLERÁ UN ACTO DA CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS O VINDEIRO MÉRCORES, 25N
A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá un acto da campaña En Negro Contra as Violencias o vindeiro mércores, 25N, ás doce do mediodía. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.
ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO ARTE CON FABAS, ORGANIZADO POLA ACIAL COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.
Lourenzá, 16 de outubro de 2020. O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acolleu a entrega de premios da primeira edición do concurso Arte con Fabas, que foi organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) coa colaboración do Concello. O certame consistiu na realización dun collage elaborado principalmente con fabas. Establecéronse 3 categorías: ata os 10 anos (A), de 11 a 16 anos (B) e adultos (C).
A IGREXA PARROQUIAL DE LOURENZÁ ACOLLERÁ UN CONCERTO DE VIOLÍN E PIANO A CARGO DO DÚO METAMORPHOSES ESTE SÁBADO
Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.
EN SEIS DÍAS DE OUTUBRO PODERÁN COÑECERSE OS PRINCIPAIS ATRACTIVOS DE LOURENZÁ A TRAVÉS DA RUTA DA FABA. ESTA INICIATIVA FOI PRESENTADA HOXE.
Lourenzá, 25 de setembro de 2020. Os días 2, 3, 4, 10, 17 e 24 de outubro poderán coñecerse os principais atractivos do concello de Lourenzá a través da Ruta da Faba. Nas dúas primeiras xornadas serán en horario de tarde e nas catro seguintes desenvolveranse de 10:00 a 18:00 horas.
A CONCELLERÍA DE DEPORTES ORGANIZA ACTIVIDADES DE XIMNASIA DE MANTEMENTO E AEROLATINO DENTRO DO PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN NAS PARROQUIAS
O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.
O CONCELLO LEVA AO CEIP JUAN REY AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA LER CONTA MOITO OS DÍAS 11, 18 E 24 DESTE MES
O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.
O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »
