Últimas Novas das Escolas Deportivas

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ: FÚTBOL, F. SALA, BASKET, PATINAXE, DUATLON, CAMPO A TRAVÉS E ATLETISMO!!!

Dende hoxe e ata o vindeiro venres 23 de setembro está aberto o prazo de inscripción para as Escolas Deportivas Lourenzá.

Con unha cuota de 6 euros ó mes, os alumn@s poden elixir todos os deportes que desexen. O abono farase mediante cargo bancario e as edades van dende a categoría pitufo ata xuvenil.

Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá, ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando. Ademáis pódese facer vía online cubrindo o formulario que estará na páxina das escolas www.edlourenza.blogspot.com.es

Michael Sante, Noé Recalde e Eduardo Reigosa ó fronte dos equipos de fútbol Benxamín, Alevín e Infantil

Presentouse no día de onte no campo de Sta. Cruz os equipos de fútbol benxamín, alevín e infantil.

No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o presidente das Escolas Lourenzá, D. Pablo Maseda; e o directivo do Mondoñedo FC. D. Jesús Basanta, posto que ambos clubs seguirán traballando por sexto ano consecutivo a prol do fútbol base.

A novedade para esta temporada é a incorporación ó corpo técnico de Eduardo Reigosa (Ximil) que foi xogador do primeiro equipo das Escolas e actual directivo.

Innumerables conquistas de trofeos das Balas de Lourenzá ó longo do pasado fin de semana!!!

As Balas absorven os premios con 6 títulos no Cros de Piantón en Vegadeo!!!

A pesar de competir moitos dos atletas en doble esforzo pola mañá en Foz e pola tarde en Vegadeo, as balas non erraron e volveron a copar os premios e trofeos esta vez en Vegadeo o domingo pola tarde:

Pitufos Masculino e Feminino:

2.- Carlota Tsehay Menéndez.

2.- Marcos Graña

Benxamín Feminino:

1.- Iria Rguez. 2.- Henar Méndez.

Alevín Feminino:

2.- Carmen García. 3.- Valeria Álvarez

Alevín Masculino:

1.- Ian Méndez.

Triunfo do Atleti diante do Riotorto no primeiro amigable da temporada. Augacons Lourenzá renova o compromiso co equipo para unha nova temporada

Debutou o equipo de Segunda Autonómica nesta nova temporada coa primeira victoria diante dun equipo de Primeira como o Riotorto. Nun partido clásico de pretemporada, o Atleti exhibiu boas maneiras a pesar dos múltiples cambios realizados ó londo do encontro. Os goles, do xuvenil Luís e de Montxo na segunda metade. Noraboa e a seguir así!!!