Diego Rego e Eduardo Iglesias toman o mando dos equipos xuvenil e cadete!!!
No día de onte tivo lugar a presentación dos equipos cadete e xuvenil. No acto estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá, Dª. Rocío López e dous representantes dos clubs vinculados. Por parte das escolas estivo o seu presidente D. Pablo Maseda e por parte do Mondoñedo Fc. D. Jesús Basanta. Presentouse o novo proxecto cadete e xuvenil.