ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO QUE SE CELEBRARÁ ESTE XOVES, 16 DE XULLO, NO CONCELLO DE LOURENZÁ
Orde do día do pleno extraordinario que se celebrará este xoves, 16 de xullo, no Concello de Lourenzá
Orde do día do pleno extraordinario que se celebrará este xoves, 16 de xullo, no Concello de Lourenzá
Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá inaugurou as actividades propostas dentro dos programas Escola de Verán e Noites Alternativas, que se desenvolven dende onte ata a primeira quincena do mes de setembro. Estas iniciativas son posibles grazas a un acordo de colaboración subscrito co Ximnasio Municipal e ofertan unha serie de actividades de tempo libre para os rapaces, xogos e obradoiros cos que aproveitar as horas do verán.
Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá poñerá un autobús a disposición das persoas que desexen manifestarse o próximo venres, 17 de xullo, en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo. Os veciños interesados deben anotarse no Concello ata mañá, mércores, día 15 de xullo, “para saber con anterioridade de cantas prazas debemos dispoñer e, no seu caso, se se cubre o número de asistentes mínimo necesario para facer fronte ao gasto”, explicou a alcaldesa, Rocío López García.
O vindeiro luns, día 13, comezan en Lourenzá actividades de verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos e tamén o programa denominado Noites Alternativas, para rapaces de 12 a 16 anos. Esta segunda iniciativa faise por primeira vez este ano en Lourenzá.