Novas

MEDIO CENTENAR DE PERSOAS RECIBIRON EXPLICACIÓNS SOBRE AS VANTAXES DA SILVICUTURA E AS AXUDAS PARA REALIZAR ESES TRABALLOS NOS MONTES

Lourenzá, 23 de outubro. Medio centenar de persoas recibiron explicacións sobre as vantaxes da silvicultura e as axudas das administracións para realizar eses traballos nos montes na charla organizada polo Concello de Lourenzá celebrada este pasado martes. Correu a cargo do xefe do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural en Lugo, Ramón Rozadillas, que foi presentado pola alcaldesa laurentina, Emma Álvarez.

O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA O VINDEIRO XOVES DIRIXIDA A MAIORES DE 18 ANOS QUE DESEXEN PARTICIPAR NUN GRUPO DE ESTUDO PARA PREPARAR AS PROBAS DE ACCESO AO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO

O Concello de Lourenzá colabora co proxecto organizado pola entidade coruñesa Espacio Garabatos. Con el, pretende organizar na propia vila laurentina, un grupo de estudo de entre 12 e 15 persoas maiores de idade que desexen prepararse para concorrer ás probas de obtención do título de Graduado en ESO. Para dar a coñecer a iniciativa, o Concello organiza este xoves, 23 de outubro, unha reunión informativa no salón de actos da Casa Consistorial a partir das 20:00 horas.