A ACIAL ORGANIZA UNHA FESTA DE FIN DE ANO NO RECINTO FEIRAL COA COLABORACIÓN DO CONCELLO
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) organiza na noite do día 31 de decembro ao 1 de xaneiro, a partir da unha da madrugada, unha festa de fin de ano que terá lugar no recinto feiral e coa que colabora o Concello. A ACIAL engalanará para a ocasión as naves do mercado recreando como era antiga discoteca El Recreo.