Fallaron e entregaron os premios do primeiro certame de narración e debuxo organizado polo Concello e acial co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario foi o promotor e patrocinador desta iniciativa convocada a nivel comarcal
Lourenzá, 18 de maio de 2013. O primeiro certame de narración e debuxo denominado “Lourenzá, arte e historia no camiño” foi fallado e xa entregaron os premios aos gañadores. Este concurso fora convocado no pasado mes de abril polo Concello de Lourenzá e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos local (Acial) co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario foi o promotor desta iniciativa dirixida a estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato de todos os centros da Mariña.