O CONCELLO TRAMITA DESCONTOS DE ATA O 50% PARA OS ESTUDANTES LAURENTINOS QUE SE DESPRACEN AOS SEUS CENTROS DE ENSINO EN AUTOBUSES DA EMPRESA ARRIVA
A Concellería de Educación do Concello de Lourenzá anunciou hoxe que xa está a tramitar os bonos desconto para todos aqueles estudantes que se despracen aos seus centros de ensino en autobuses pertencentes á empresa Arriva. Os descontos irán dende o 15 por cento de rebaixa para os bonos de 10 viaxes ata o 50 por cento nos bonos de 60 desprazamentos. Ademais, como novidade este ano, as axudas poderán aplicarse a todo tipo de estudantes e non só a universitarios, como viña sendo habitual.