Novas
VECIÑOS DE LOURENZÁ E TRABADA PODERÁN PARTICIPAR NUNHA VIAXE A VIGO PARA ASISTIR COMO PÚBLICO AO NOVO PROGRAMA DA TVG BOAS TARDES O DÍA 29 DESTE MES
Lourenzá, 8 de setembro de 2014. Veciños de Lourenzá e Trabada poderán participar nunha viaxe a Vigo para asistir como público ao novo programa da Televisión de Galicia Boas tardes, que presenta Luis Fraga. O autobús sairá o día 29 deste mes de setembro, luns, ás 12:15 horas dende a Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá.
O programa é un magacín de actualidade cunha duración de 2 horas e 20 minutos. Ao rematar o espazo a organización ofrecerá unha merenda.
O CONCELLO RECUPEROU A SÚA ACTIVIDADE HABITUAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS, DESPOIS DA CELEBRACIÓN DAS FESTAS PATRONAIS. A BIBLIOTECA PERMANACERÁ ABERTA DE 5 A 8 DA TARDE DE LUNS A VENRES
Lourenzá, 5 de setembro de 2014. Lourenzá volveu á normalidade esta semana, despois de celebrar o pasado luns, 1 de setembro, a festividade local do Conde Santo. Dende o Concello recordaron que tanto a Biblioteca Municipal, coma o Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá, están a funcionar con total normalidade dende esta semana e cumprindo cos seus horarios habituais.
A SECCIÓN DE ATLETISMO TRIUNFA A PARES EN RIBADEO E NAVELGAS
O pasado sábado día 30 de agosto a sección multiplicouse para estar presentes nas carreiras do Monte Sta. Cruz (Ribadeo) e Navelgas (Asturias).
RESULTADOS CON PÓDIUM. STA. CRUZ – RIBADEO.
PREBENXAMÍN FEMININO:
1.- IRIA RGUEZ. / ADEMÁIS EMMA GARCÍA FOI 4ª CLASIFICADA.
PREBENXAMÍN MASCULINO:
1.- MARCOS GRAÑA
BENXAMÍN FEMININO:
3.- CARMEN GARCÍA
ALEVÍN FEMININO:
1.- AINARA RGUEZ.
3.- CARME ALONSO / ADEMÁIS MARTA ALONSO FOI 5ª CLASIFICADA
INFANTIL FEMININO:
1.- CLAUDIA GRAÑA
CADETE MASCULINO:
JUAN NÉCEGA ESTARÁ UN ANO MAÍS Ó FRONTE DO EQUIPO DE NACIONAL LOURENZÁ ENSINO PARA A VINDEIRA TEMPORADA 2014/2015.
Juan asume o reto por séptima temporada no clube e será ademáis o encargado de coordinar e supervisar os adestramentos das categorías inferiores das Escolas Deportivas, que este ano contarán con equipos en categoría benxamín, alevín, infantil, cadete , estudiase a posibilidade dun equipo junior e a confirmación tamén por segunda temporada do equipo de 2ª autonómica feminina no que seguirá un ano máis ó fronte Mariano Galindo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »