ESTA SEMANA COMEZARON OS TRABALLOS DE PINTADO DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL NAS RÚAS DO CASCO URBANO
Lourenzá, 18 de agosto de 2017. Esta semana comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal nas rúas do casco urbano de Lourenzá.
Lourenzá, 18 de agosto de 2017. Esta semana comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal nas rúas do casco urbano de Lourenzá.
Lourenzá, 18 de agosto de 2017. Este mediodía diante da Casa do Concello de Lourenzá houbo un concentración e gardouse un minuto de silencio para condenar os atentados de onte en Barcelona.
Neste acto participaron a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; traballadores municipais e outros veciños.
Lourenzá acollerá unha campaña de doazón de sangue mañá, martes, día 8. A alcaldesa, Rocío López García, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra Sixto, animan aos veciños do municipio a achegarse á unidade móbil que estará na Praza do Conde Santo, fronte á Casa do Concello, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas.
O Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, celebrou unha festa de fin de curso á que asistiu a alcaldesa, Rocío López.
No acto graduáronse 10 nenos e nenas dos 20 que había este curso no centro. Eses dez ingresarán en setembro no CEIP Juan Rey.
O Concello de Lourenzá, por medio da Delegación de Cultura, convoca o primeiro de teatro afeccionado, que se celebrará en novembro deste ano.