O CONCELLO COLABORA CO CEIP JUAN REY PARA QUE TODOS OS ALUMNOS TEÑAN ACCESO GRATUÍTO AOS LIBROS DE TEXTO
Lourenzá, 28 de outubro de 2017. Por terceiro ano consecutivo o Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para que todos os nenos teñan a posibilidade de acceder de maneira gratuíta aos libros de texto.
O concelleiro de Educación, Manuel Arango Ron, anunciou que “a xunta de goberno local ven de aprobar unha axuda de preto de 600 euros para este fin e poder completar así o banco de libros daqueles cursos que poden acceder ao sistema de préstamo”.