Novas

ESTE FIN DE SEMANA HABERÁ OUTRAS DÚAS REPRESENTACIÓNS DO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO ORGANIZADO POLO CONCELLO

Este fin de semana, sábado e domingo, haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá.

O sábado, día 11, o grupo Andanzas, de Viveiro, ofrecerá a obra Las entretenidas e o domingo 12 a agrupación da Asociación de Veciños de Lagoa (Alfoz) escenificará Menciñeiro á forza. As dúas representacións serán no salón de actos do Concello de Lourenzá ás 19:30 horas. O prezo das entradas será de 3 euros.

ESTA FIN DE SEMANA DA COMEZO O I CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.

ARRINCA EN LOURENZÁ A RUTA DA FABA COA PRETENSIÓN DE EXTENDERSE POR OUTROS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA. ESTA PROPOSTA TURÍSTICA FOI PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA RECOÑECIDA LEGUMINOSA

Lourenzá, 30 de outubro de 2017. O Centro de Interpretación da Faba de Lourenzá acollía este mediodía a presentación da Ruta da Faba. Trátase dunha ruta que xira arredor dos principais tesouros desta terra, arte, gastronomía e o cultivo da recoñecida leguminosa.