Novas

ESTE FIN DE SEMANA REMATAN AS REPRESENTACIÓNS QUE PARTICIPAN NO I CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Este próximo fin de semana rematan as representacións que entran a concurso no primeiro Certame de Teatro Concello de Lourenzá.

O sábado, día 25 A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra Sen seu amor. E o domingo 26 pechará o concurso Ollomao, de Barreiros, con Enciclopedia Álvarez. Estas dúas representacións serán no salón de actos do Concello ás 19:30 horas.

A gala de entrega de premios do certame terá lugar o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas e contará coa presenza do actor Cándido Pazó, que escenificará a obra Que comerá o rei?.

ESTE FIN DE SEMANA HABERÁ OUTRAS DÚAS REPRESENTACIÓNS DO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO ORGANIZADO POLO CONCELLO

Este fin de semana, sábado e domingo, haberá outras dúas representacións dentro da primeira edición do certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Lourenzá.

O sábado, día 11, o grupo Andanzas, de Viveiro, ofrecerá a obra Las entretenidas e o domingo 12 a agrupación da Asociación de Veciños de Lagoa (Alfoz) escenificará Menciñeiro á forza. As dúas representacións serán no salón de actos do Concello de Lourenzá ás 19:30 horas. O prezo das entradas será de 3 euros.

ESTA FIN DE SEMANA DA COMEZO O I CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ

Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.