Novas

Novas do Concello

Aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Lourenzá, 10 de xaneiro de 2013. No Concello de Lourenzá está aberta a inscrición para participar nos cursos de galego dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Segundo a alcaldesa, Emma Álvarez, en caso de non chegar ao mínimo de 20 alumnos esixidos poderían unirse os Concellos de Trabada, Barreiros, O Valadouro, Alfoz e Lourenzá para que ditos cursos se impartan nesta zona, evitando así o desprazamento dos/as alumnos/as a Lugo.

O vindeiro luns cúmprese o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. Ese día empezarán en Vilanova de Lourenzá os actos conmemorativos organizados polo concello para homenaxear ao ilustre intelectual

Lourenzá, 3 de xaneiro de 2013. O Concello de Lourenzá organizará durante este ano 2013 diferentes actos para conmemorar o centenario do nacemento do ilustre intelectual Francisco Fernández del Riego, que se cumpre o vindeiro luns, día 7 de xaneiro. Con este motivo ese día haberá varias actividades, que anunciou hoxe a alcaldesa Emma Álvarez Chao.

Este mediodía foron aprobados os presupostos municipais para 2013, que contaron co apoio do equipo de goberno e a abstención dos partidos da oposición

Lourenzá, 28 de decembro de 2012. Cos votos a favor do PP e abstención dos partidos da oposición foron aprobados os presupostos municipais de 2013 que ascenden a 1.700.000 euros. Os orzamentos sofren un incremento do 3’76% con respecto aos deste ano “debido á subvención que nos foi concedida para rehabilitar o Pazo de Tovar”, segundo lembrou esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez.

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas, do 26 ao 28 de decembro

Un grupo de nenos e nenas de Lourenzá participaron esta semana do 26 ao 28 de decembro nos obradoiros de nadal que organizou a Concellería de Educación, Cultura e Turismo para eles. Os rapaces fan abelorios, realizan coreografías e playbacks, e participan en xogos de mesa e de interior nas dependencias da Casa da Xuventude en horario de mañá e de tarde. Os obradoiros seguirán os días 2, 3 e 4 de xaneiro para entreter aos máis pequenos da casa durante estas festas de nadal.

Distribuir contido