Declaración da Alcaldesa a raíz da noticia sobre unha posible fusión entre este concello e o de Barreiros
Ante a preocupación amosada por algúns veciños e veciñas de Lourenzá a raíz da noticia sobre unha posible fusión entre este concello e o de Barreiros, publicada en días pasados, gustaríame aclarar que o goberno municipal non analizou en ningún momento esa posibilidade nin ten previsto facelo.