A NENA NATHALIA CABANAS JIMÉNEZ, DE 11 ANOS, FOI A GAÑADORA DO CONCURSO DE CARTEIS DA CABALGATA DE REIS 2019, QUE SE CELEBRA O 5 DE XANEIRO. ADEMAIS OS DÍAS 2 E 3 HABERÁ CINE INFANTIL
A nena Nathalia Cabanas Jiménez, de 11 anos de idade, foi a gañadora do concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2019, que organiza o Concello de Lourenzá. Recibirá como premio un lote de material didáctico no transcurso da Cabalgata, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro.