O CONCELLO COLABORA NA CAMPAÑA PARA PROMOVER AS DOAZÓNS DE SANGUE DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA. UNHA UNIDADE MÓBIL ESTARÁ FRONTE Á CASA DO CONCELLO O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 17
O Concello de Lourenzá colabora na campaña para promover as doazóns de sangue que leva a cabo o Centro de Transfusión de Galicia. Unha unidade móbil estará fronte á Casa do Concello o vindeiro mércores, día 17.
A alcaldesa, Rocío López, explicou hoxe que “o Concello de Lourenzá e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes”.