Novas

Novas do Concello

O CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO ORGANIZADO POLO CONCELLO PARA NEN@S DE 10 E 14 ANOS CUBRE TODAS AS SÚAS PRAZAS

O curso de técnicas de estudo organizado pola Concellería de Educación de Lourenzá e impartido por Espazo Garabatos comezou o pasado luns, 27 de xullo, con todas as súas prazas completas. Así o explicou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, que presentou esta actividade acompañada do concelleiro de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron. A formación está dirixida a nenos e nenas entre os 10 e os 14 anos e impártese os luns, mércores e venres en sesións de hora e media, ao longo de 10 sesións.

MORANGRUPO, NOVO PATROCINADOR DO EQUIPO DE NACIONAL DE BASKET!!!

A terceira temporada do primeiro equipo de basket das Escolas que milita en Categoría Nacional será co nome deportivo de MoranGrupo, empresa afincada en Mondoñedo e que engloba diferentes ramas do transporte; dende buses e microbuses, aluguer de vehículos, transporte sanitario.... que colabora dende fai varios anos co deporte de A Mariña e agora o fará tamén co deporte do baloncesto feminino en particular.

FIRMOUSE O CONVENIO DE RENOVACIÓN ENTRE O PRESIDENTE DAS ESCOLAS D. PABLO MASEDA E O REPRESENTANTE DE CONSTRUCCIONES AUGACONS D. JUAN LÓPEZ

No día de onte firmouse o convenio de renovación entre o presidente das Escolas D. Pablo Maseda e o representante de Construcciones Augacons D. Juan López. Éste será o segundo ano consecutivo como patrocinador en exclusiva do 1º equipo de fútbol e o sexto onde colabora directamente como patrocinador das Escolas Deportivas.

PRESENTACIÓN DO AUGACONS LOURENZÁ DE 1ª AUTONÓMICA. XOVES DÍA 23 DE XULLO. 20,30 HORAS. STA. CRUZ

Sta. Cruz acolle mañá xoves día 23 a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas para a 1ª Autonómica despois do paso fugaz pola 2ª autonómica. Ás 20:30 horas está convocado o plantel do primeiro equipo así como o corpo técnico do mesmo. Asistirán a Alcaldesa de Lourenzá Rocío López, o Concelleiro de Deportes Francisco Dasilva e o Presidente das Escolas Pablo Maseda; así como o resto de directivos do clube e público en xeral.

SOBRESAÍNTE ACTUACIÓN DA SECCIÓN DE CICLISMO EN BETANZOS!!!

Gran día de btt para o ED Lourenza Ciclismo no desafio ruta da auga de Betanzos xa que os nosos ciclistas traerían dous trofeos para A Mariña , nesta ocasión hasta Betanzos acercarianse seis corredores do equipo , tres para facer o maratón de competición Javier Peixe, Isabel Picoaga López, Javi Tarangu , e tres para a marcha cicloturista Jorge Doural Gomez , Jose José Ramón Reges , Miguel Rubal Oubiña .

Distribuir contido