A PROGRAMACIÓN DE NADAL DO CONCELLO EMPEZA MAÑÁ, MARTES, COA VISITA DE PAPÁ NOEL E CONTINUARÁ ATA O 5 DE XANEIRO, CANDO SE CELEBRARÁ A CABALGATA DOS REIS MAGOS
A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila mañá, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila.