O CONCELLO DE LOURENZÁ ACOLLERÁ CURSOS DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS A PARTIR DO MES DE SETEMBRO
O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano.
As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.