Novas

JUAN NÉCEGA ESTARÁ UN ANO MAÍS Ó FRONTE DO EQUIPO DE NACIONAL LOURENZÁ ENSINO PARA A VINDEIRA TEMPORADA 2014/2015.

Juan asume o reto por séptima temporada no clube e será ademáis o encargado de coordinar e supervisar os adestramentos das categorías inferiores das Escolas Deportivas, que este ano contarán con equipos en categoría benxamín, alevín, infantil, cadete , estudiase a posibilidade dun equipo junior e a confirmación tamén por segunda temporada do equipo de 2ª autonómica feminina no que seguirá un ano máis ó fronte Mariano Galindo.

RAQUEL ARIAS CONSIDERA QUE A XUNTA “REFORZA NA MARIÑA A APOSTA POLOS PROGRAMAS DE FORMACIÓN E EMPREGO” COA POSTA EN MARCHA HOXE DE CATRO OBRADOIROS CON 80 ALUMNOS

A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou hoxe que a Xunta de Galicia reforza a súa aposta polos programas de formación e emprego na Mariña” coa posta en marcha definitiva no día de hoxe de catro obradoiros de emprego, nos que participan 80 alumnos de doce concellos da zona costeira.

A delegada, xunto cos alcaldes de Lourenzá, Emma Álvarez, e o de Barreiros, Alfonso Fuente, acompañou aos alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira, que comeza hoxe mesmo e foi impulsado conxuntamente polos concellos referidos e o de Trabada.

O PASADO DOMINGO OS ATLETAS DAS ESCOLAS ESTIVERON PRESENTES NA POPULAR DE BURELA

O pasado domingo os atletas das Escolas estiveron presentes na Popular de Burela que tiña como saída a praia de A Marosa, e onde os nosos deportistas conseguiron premio en todas as categorías.

Iniciación Mixta:

1 - Ian Méndez

2 - Diana Lastra

3 - Iria Rguez.

Sub 14 Mixta:

1 - Ainara Rguez.

De 14 a 18 Mixta:

3- Carmen López

Veterana Feminina:

1 - Loli Piñeiro

2 - Marisa Ares

Ademáis, Marcos Rguez remataba en 7ª posición en sénior masculino.

VILANOVA VERASE AFECTADA POR VARIOS CAMBIOS DE TRÁFICO NAS SÚAS RÚAS CON MOTIVO DAS FESTAS PATRONAIS DO CONDE SANTO QUE SE CELEBRAN NO MUNICIPIO DENDE O VENRES 29 DE AGOSTO ATA O LUNS 1 DE SETEMBRO

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, deu a coñecer, a través dun bando informativo, os cortes e cambios de tráfico que rexistrará Vilanova co motivo da celebración das súas festas patronais. As modificacións comezarán mañá, mércores, e irán sucedéndose por diferentes rúas do municipio de forma ininterrompida ata o luns día 1 de setembro, xornada na que finalizarán as festas do Conde Santo.