Novas

A CONCELLERÍA DE CULTURA PROGRAMA UNHA ACTUACIÓN DO CANTAUTOR MANOELE DE FELISA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO ESTE XOVES, DÍA 20

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.

A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.

Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.