Novas

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA

A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.

Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ORGANIZA UN CURSO GRATUÍTO PREPARATORIO PARA AS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3

O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Educación, organiza un curso gratuíto no que se impartirán as clases preparatorias para as probas de avaliación en competencias clave para poder acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.

Os interesados deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 15 horas ou polas tardes na biblioteca de 17 a 18 horas. O prazo para inscribirse remata a finais da próxima semana.

O CONCELLO ANUNCIA A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017

O Concello de Lourenzá anuncia a convocatoria de prazas para o programa de Benestar en balnearios 2017.

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

-Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.