Novas

O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES O 22 DESTE MES

O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.

Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.

A ALCALDESA CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE A RECUPERACIÓN DO DENOMINADO MERCADO DAS PRAZAS, QUE SE CELEBRABA OS DOMINGOS EN VILANOVA. A XUNTANZA TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO O DÍA 15 DESTE MES

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, convoca unha reunión para informar sobre a recuperación do denominado Mercado das Prazas, que se celebraba os domingos en Vilanova. A xuntanza terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o día 15 deste mes, venres, ás 21 horas.